Historicamente, o territorio no que se asenta o concello de A Pontenova foi dende sempre moi rico en mineral de ferro, e especialmente nas zonas próximas a conca do río Eo e os seus afluentes.
Por iso, tanto neste concello como en concellos limítrofes: Riotorto, Taramundi, etc… existe unha forte tradición dende fai séculos relacionada cos oficios artesanais do ferro.
Con un recorrido circular, ao longo desta ruta visitaremos os principais elementos que restan das antigas minas de ferro de Vilaoudriz e Boulloso. Dentro desta ruta, hai unha máis corta, tamén circular, a Ruta dos Fornos de 4,5km.
Esta ruta comenza fronte a antiga estación do tren, actualmente oficina de turismo de A Pontenova, xunto os fornos de calcinación de ferro de Vilaoudriz, actual praza dos fornos , monumentos da arqueoloxía industrial de principios do século XX e que constitúen un dos principais símbolos deste concello.
En primeiro lugar subiremos pola pasarela de madeira que conduce os fornos dende o parque infantil que hai na praza dos fornos. Chegados a metade da pasarela subiremos por un sendeiro que nos conduce ata un transformador eléctrico. Aí encontraremos un panel indicativo da ruta coas súas principais características.
Este tramo inicial de setecentos cincuenta metros e o máis duro de toda a ruta xa que a costa pola que se sube a ladeira do val e bastante empinada.
Unha vez acabado o ascenso, e tras varias bifurcacións seguindo os sendeiros marcados, chegaremos a saída do antigo tranvía aéreo polo que se lanzaban, suspendidas a través de cables, as vagonetas cargadas co mineral ata sortear o leito do río Turía.
Este antigo teleférico, na actualidade, pódense observar os antigos piares sobre os que se sustentaban as torres metálicas pola que pasaban os cables.
A partir de este punto, baixamos por un corto pero empinado sendeiro en zigzag ata alcanzar a trincheira que nos conduce a boca da Mina Consuelo.
Unha vez na entrada da mina e seguindo os indicadores, colleremos a esquerda por un pequeno túnel graduado, salvaremos un pequeno desnivel de terra en subida e a continuación, atravesaremos un segundo túnel, de uns 12 m de largo.
Seguindo o sendeiro que hai a saída deste túnel, chegaremos a unha pista forestal en baixada que nos levará a un punto no que a ruta se bifurca. Collendo a man dereita, a pista forestal conducirános ata a capela de Pacios(adicada o mártir San Lourenzo) .
Unha vez alí, subiremos ata a aldea de Pacios ye a partir de aquí, a ruta discorre por pistas de fácil tránsito. Seguindo as indicacións,levaranos ata a beira do río Turía. Cruzando a ponte, veremos xa o campanario da Igrexa Parroquial de Santa María de Conforto (Santuario Mariano de grandes proporcións que se comezou a construír no ano 1662), así como as entidades de poboación de Pacios, Conforto, San Mamede e Boulloso.
Dende Conforto, con bastantes tramos por asfalto chegaremos ao punto de partida en A Pontenova, ao lado del Río Eo
O vindeiro mes iremos a Terras de Viveiro a facer a subida a Penido do Galo
Powered by Wikiloc
